Cando o neno fala mal

Cando o neno fala mal

10 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Ata un 7 por cento da poboación infantil padece trastornos na linguaxe, segundo os últimos informes publicados ao respecto. A Universidade de Santiago conta cunha Unidade de Atención Temperá especializada nestes problemas, que tenta achegar solucións para síntomas que, nalgúns casos, máis adiante se corresponderán con problemas severos como o autismo.

A directora desta unidade, María José Buceta, salientou en Radiofusión a importancia dun diagnóstico precoz na infancia de calquer eiva comunicativa e criticou que esta especialidade sexa a grande esquecida na atención aos máis pequenos.

Quixo deixar unha recomendación para os pais e nais máis atentos. A finais do mes de abril celebrarase en Santiago o Congreso Mundial da Infancia, auspiciado por Unicef.

Sociedade