Canido é culto

Canido é culto

07 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As forzas armadas da arte tomaron hoxe o barrio de Canido en Ferrol. Un auténtico exército de xentes da pintura inundaron rúas e prazas para plasmar en paredes e fachadas a súa visión particular e plural do cadro de Velázquez "As Meninas". A música e a danza tamén se achegaron a un barrio culto -a dicir dun residente na zona- onde señores e señoras coas bolsas da compra miraban con curiosidade a iniciativa cultural impulsa

O motivo das Meninas
As Meninas, a pintura barroca elaborada por Diego Velázquez a mediados do século XVII, convertiuse un ano máis na disculpa da xornada. A temática, a técnica, o enfoque, a perspectiva, convirten o cadro nunha das obras máis relevantes da historia da pintura. Os reis chegan a posar para él ou a velo pintar, pero o pintor só se refire a eles  vagamente. Aparecen no cadro de xeito borroso. As Meninas tamén pode interpretarse como unha reivindicación do oficio do pintor, fronte á fátua fachenda da aristocracia. Velázquez desmitifica á monarquía e o protagonismo recae sobre a infanta, ás súas criadas, o can e o pintor. Ademais tamén están a luz e o ar, que modelan as formas. En 1656 a monarquia española atravesaba unha das crises máis profundas da súa historia. As Meninas de Velázquez, o cadro máis revolucionario.

Sociedade