Cans, gatos e coellos

Cans, gatos e coellos
14 de Abril, 2020 - 02:43 h. | Publicada por Radio Fene

Os cans fan moita compaña ás persoas que viven en soedade. Neste confinamento o seu efecto multiplícase.

ESCOITA O PODCAST:

As clínicas veterinarias poden abrir as súas portas durante a alerta sanitaria. Sempre poideron, outra cousa é que teñan clientes. Moitas optaron por abrir unicamente ás urxencias. É o caso da Clínica Veterinaria Fene onde nos atende Montserrat Fernández. Turnanse entre as dúas persoas que traballan na clínica para atender aqueles casos que precisan dilixencia. Poucos apuros tiveron nestas semanas que dura a crise sanitaria, confesa Montserrat, a quen preguntamos como levan os cans isto do encerro na casa. Como ocorre coas persoas, dí, hai cans que o levan mellor e outros peor aínda que en xeral a falta de exercicio pode provocarlles ansiedade. Durante esta crise, xustifica a veterinaria fenesa, os cans saen do domicilio porque é na rúa onde poden satistafer as súas necesidades fisiolóxicas. Isto pode provocar envexa entre a xente que non pode sair? preguntamos. Non, non é consciente de que iso ocorra nen tampouco o comentario de que "deixan sair aos  cans pero non aos nenos". Só o veu nas redes sociais pero ningún cliente seu foi víctima de semellantes comentarios, apunta Montserrat, quen non descarta que algunha persoa aproveite a mascota para pasear.

Fernández apunta que ten unha nena pequena e non se lle ocorrería sacala de casa porque é un perigo para os contaxios. É sabido ou intuído que as mascotas fan moita compañía ás persoas, pero durante o confinamento esa función multiplícase por moito, afirma Montserrat Fernández, e máis en situacións de soedade.

Descoñecemos o censo de mascotes de Fene na actualidade pero sabemos que, por esta orde, o can, gato e coello son os animais preferidos dos feneses.

(Na imaxe, a praia de San Lorenzo de Gijón, dias antes do confinamento. No inverno este areal ábrese aos cans. A cidade asturiana ten un recoñecemento por iso)

Sociedade

Publica o teu comentario agora