Cans premia “Por nada” e “O pintor de ceos” como mellores curtas de ficción e animación

Cans premia “Por nada” e “O pintor de ceos” como mellores curtas de ficción e animación

25 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O xurado do VI Festival de Cans elixiu o filme Por nada de Dani de la Torre para outorgarlle o Premio á Mellor Curtametraxe. Segundo os seus integrantes, este traballo é “unha peza na que todos os elementos dunha curtametraxe están equilibrados: a historia, a narrativa empregada, as interpretacións, o ritmo...”. A seleccionada como mellor curta de animación foi

O xurado deulle o Premio á Mellor Actriz a Henar Jiménez pola súa interpretación en Uruguay 2030. Valorou “a súa madureza interpretativa, a pesar da súa curta idade, atinada en todos os rexistros”. O Premio ao Mellor Actor concedéronllo ex aequo a Edgar Blanco e Vicente de Souza. O primeiro, integrante do reparto de Uruguay 2030, elixírono “por ofrecer unha interpretación redonda, sinxela e honesta”; e o segundo, de Queres ser director de cine?, “porque sobresae o seu oficio de actor e escolle con gran acerto o rexistro necesario para o personaxe”.

O xurado estivo formado por Gonzo, Luis Piedrahita, Cristina Castaño, María Bouzas, Celia Freijeiro, Camilo Franco e Luís Iglesia.

 

 

 

Cultura