Canta connosco na biblioteca de Soutomaior

Canta connosco na biblioteca de Soutomaior

02 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

240 nenos asistirán esta tarde á obra de teatro Canta connosco na biblioteca municipal de Soutomaior. Co gallo de conmemorar o día internacional do libro infantil e xuvenil o grupo de teatro Migallas ofrecerá este espectáculo aos rapaces dos centros escolares do municipio de idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos.

En ¡Canta connosco! combínanse as cancións do disco do mesmo nome con accións dramáticas. Os temas que se tratan entre outros son: o coidado das mascotas; o consumismo na compra de xoguetes; a lectura como pracer fronte á TV e ós videoxogos; a importancia da imaxinación; o xogo do teatro; cancións que axudan a estudar; etc.

Os temas do disco que se interpretan neste espectáculo son: "Dime que fixeches", "O esqueleto", "O libro máxico", e "Ai, Patín".

Unha música da que os rapaces poderán gozar hoxe as 11:00 horas en Soutomaior.

 

A hora do conto

 

En Redondela a biblioteca Valle Inclán conmemora tamén esta data cunha sesión de contacontos. Será o venres ás 18:30 horas na sala infantil con entrada de balde. Unha actividade baixo o nome “a hora do conto” orientada a rapaces de entre 3 e 7 anos.

Cultura