Cantan a Suso Vaamonde nas Pontes

Cantan a Suso Vaamonde nas Pontes

21 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O Concello de As Pontes - A Coruña- está a organizar para este venres 24 de maio unha homenaxe ao cantautor Suso Vaamonde. As protagonistas serán as Cantareiras de Alende que ofrecerán un concerto no Auditorio Municipal Alovi cun repertorio exclusivo do compositor de Ponte Caldelas. Mini e Mero sumaránse á homenaxe.

O Concello de As Pontes está a organizar para este venres 24 de maio unha homenaxe ao cantautor Suso Vaamonde (Ponte Caldelas 1950- Vigo 2000). As protagonistas serán as Cantareiras de Alende que ofrecerán un concerto no Auditorio Municipal Alovi no que as pezas deste compositor de Ponte Caldelas serán o eixo da interpretación do grupo pontés que contará co acompañamento de Francisco Fernández Bouza e Antonio Rodríguez López, no teclado e no baixo respectivamente.

Temas coma Uah!, Volvín á terra pero perdín o amor ou Gaita irreal, soarán nas voces de Anabel, Ana, Nuria, María ou Isa pero cunha compaña do máis especial: a de Mini e Mero que tamén se subirán ao escenario do Auditorio Municipal Alovi para sumarse á homenaxe a Suso Vaamonde, que arrincará ás 21.00 horas e que será de entrada totalmente libre.

Sociedade