Cantando ás mulleres

Cantando ás mulleres

10 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alumnado dos centros escolares e do Centro ocupacional de Aspaneps protagonizan durante toda a mañá outra das celebracións do Día da Muller no concello de Fene. A XIV Maratón de lectura “Fene lendo mulleres” arrincou ás 9 da mañá no salón de actos da Casa da Cultura, coa lectura do manifesto, escrito polas ex e actual patronas da Confraría de Barallobre. Os estudantes leen ininterrumpidamente ata as duas da tarde, nun

A concelleira de Igualdade, Juana Barro, abría a Maratón ás 9 da mañá, antes da lectura do manifesto por parte da patrona maior da Confraría de Barallobre, Helena Ponte. Marisol Arnoso remataba coa lectura dun poema da súa autoría. O alumnado do colexio A Xunqueira abríu o lume, seguido do colexio Centieiras de Perlío que comenzaba a maratón cantando "Ir lá" de Chus Domínguez, incluído no libro-disco de María Fumaça. Os rapaces preparan antes nas aulas co profesorado os textos a ler, sempre da autoría de mulleres. A vindeira semana, Radio Fene retransmitirá as lecturas.

Sociedade