As cantareliñas de Sés en San Sadurniño

As cantareliñas de Sés en San Sadurniño

20 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cantareliña foi un innovador evento impulsado polo grupo folc Saraibas. Este certame celebrou oito edicións (entre 1983 e 1991), e consistía na celebración de concertos por toda Galicia, protagonizados por grupos de nenos e nenas de menos de doce anos. Interpretaban cancións inéditas en galego e buscábase seducir á rapazada a través da música. A gala final celebrábase en San Sadurniño. O espiritu d

María Xosé Silvar, Sés, ofreceu este xoves un concerto na Casa da Cultura para presentarlles aos mozos e mozas da ESO de San Sadurniño algunhas das pezas que compoñen o seu repertorio, sobre todo as recollidas no disco "Co xenio destrozado". Porén, Sés tamén lles deu consellos moi útiles: sobre a personalidade, sobre o perigo de deixarse influír polos medios e as modas... falou e aconsellou sobre case todo diante dun público en plena fervenza hormonal que, malia todo, quedou hipnotizado coa voz dunha "berghantiñana" da Coruña.Poesía actual e comprometida musicada con identidade galega inconfundible. Unha voz que timbra no oído cunha rara e sorprendente mestura entre a cantareira e a cantante de blues. Unha voz rechamante, rachada, con matices e contrastes que só pode conseguir quen cré no que canta e no que conta. Un luxo, vaia, que lle ganou a batalla ao tuenti e o whatsapp durante arredor dunha hora."Sés na escola" é un miniconcerto que xa leva andado moitos centros educativos e que se dirixe principalmente á adolescencia. María Xosé Silvar deseñou un espectáculo no que a música e a palabra van xuntas. A presentación de cada canción sérvelle a Sés para ir debullando a vida e as pequenas cousas que lle interesan á mocidade. Conseguiu enganchar o auditorio sen que se decatase, falándolle directamente e lanzando convites á reflexión. Buscando, en definitva, facer aflorar o espírito crítico entre os máis novos en oposición ao que marcan as tendencias, os medios ou o propio grupo no que se moven. Unha mensaxe que Sés resume cun "sede vós mesmos".O concerto desenvolveuse nunha Casa da Cultura completamente chea. A actividade estivo organizada polas concellarías de Cultura e Educación, dentro dos circuítos culturais da Deputación da Coruña. Ademais, ao seu remate houbo unha actuación de alumnos e alumnas e a entrega de premios para varios proxectos escolares.

Sociedade