Cantares Gallegos xa dispoñible en xaponés

Cantares Gallegos xa dispoñible en xaponés

11 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O poemario de Rosalía de Castro 'Cantares Gallegos' conta cunha nova edición traducida ao xaponés, nunha versión bilingüe que pretende difundir e promocionar esta obra universal da literatura galega entre a sociedade oriental. O profesor e lingüista Takekazu Asaka foi o encargado de sacar adiante este proxecto que se completa cun cd no que se incluén v

A traxectoria do literato Takekazu Asaka remóntase á publicación en 1994 da primeira gramática galega en xaponés, e posteriormente dunha guía de conversa galega e dun vocabulario básico de galego tamén na lingua nipona. En rolda de prensa, o coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro, Manuel González, destacou que esta obra representa algo máis ca unha traducción xa que se trata da transmisión dunha mensaxe de existencia da lingua galega a outros colectivos sociais que a descoñecen. Neste sentido, destacou que “non se trata do idioma” senón de que “non se pode privar dunha voz universal” como a de Rosalía de Castro “a outros países”. A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, valorou a labor de Takekazu Osaka e a equiparou á difusión histórica do galego que realizaron os emigrados en Europa e América, as novas tecnoloxías e as universidades.

A edición xaponesa de 'Cantares Gallegos' consta de 300 páxinas escritas en xaponés e galego, e dun CD con catro cancións interpretadas pola pianista Rika Nishikawa e a soprano Miho Hago.

 

 

Cultura