Caras de felicidade

Maniños B 4- Mandiá 1
25 de Marzo, 2019 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Dúas victorias consecutivas son a causa das caras de felicidade dos xogadores do Maniños B. Ao remate da liga as cousas son moi diferentes de como empezaron. O próximo compromiso co Capela será un reto complicado.

ESCOITA O PODCAST:

O Maniños B leva unha dinámica que non se parece en nada á do comenzo da liga. O partido fronte ao Mandiá comezou coa posesión do balón por parte dos do Pote e cun primeiro gol que chegou rápido, chegando ao descanso xa cun contundente 3-0. Na segunda parte marcaron o seu tanto os visitantes, pero o Maniños B tivo mais ocasións e acabou entrando unha delas.

O técnico, Manuel Freire, afirma que van dúas victorias consecutivas e nótaselles na cara a felicidade. Freire amósase moi agradecido aos sete xuvenís que levaron con eles.

O próximo encontro enfrentará ao Maniños B co Capela. O factor campo favorece aos feneses pero polo demais vai ser complicado, afirma Freire, quen sabe que o Capela tamén ven coa moral alta despois de dúas victorias e ademais queren a terceira praza. Así que vai ser complicado.

Deportes

Publica o teu comentario agora