A carestía da autoestrada

A carestía da autoestrada
12 de Xaneiro, 2018 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A peaxe da viaxe de ida e volta pola autoestrada entre Fene e Tui custa xa 46 euros. Desde comezos de ano incrementouse nun 3,81%, do doble que a media das autoestradas do resto do estado. Sumouse o ïndice de Prezos ao Consumo do 2017 e o plus comprometido para financiar a ampliación da ponte de Rande e a circunvalación de Santiago de Compostela. O Bloque Nacionalista Galego reclama unha AP 9 pública e gratuita para impulsar a economía.

Por outra banda, o  deputado do Bloque e portavoz de infraestruturas, Luis Bará, denunciou que “a explotación e accidentes laborais producidos durante as obras da ampliación da ponte de Rande, foron froito das présas do goberno galego e español para realizar esta inauguración antes de rematar o ano 2017 co único obxectivo de así poderen subir o prezo da peaxe para o 2018”. De feito, o deputado nacionalista xa defendeu con anterioridade en comisión parlamentaria que as obras se levaron a cabo nunhas condicións de explotación nas que os operarios estiveron sendo obrigados a facer xornadas de até 12 horas nunhas circunstancias de enorme perigosidade e a cambio de salarios que, segundo as denuncias laborais, están por debaixo do convenio do sector.

Sociedade