Carlinhos Brown actua esta noite en Ordes na Gala da orquestra Panorama

Carlinhos Brown actua esta noite en Ordes na Gala da orquestra Panorama

29 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A IV Gala contra o Cancro Panorama desenvolveráse esta noite a partir das 23:00 no Campo da Feira de Ordes (A Coruña). O evento ten entrada gratuita e carácter benéfico.  “Co que se recade na gala se poderá facer un gran traballo no campo da loita contra o cancro” afirmaron os organizadores. Animaron á cidadanía a participar e colaborar coa compra de camisetas e cd´s, cuxa recadación irá a parar á

O alcalde da localidade Manuel Regos amosou a súa satisfacción porque Ordes sexa  o escenario de catro edicións desta gala e agarda que a de hoxe conte co mesmo éxito das anteriores. 

Pola súa banda, a presidenta da Asociación Española de la Lucha contra el Cáncer na provincia de Pontevedra, Mª José Crespo,  agradeceu tanto ao Concello como á Orquestra Panorama a celebración desta gala. A recadación, asegurou Crespo, serverá para levar a cabo diferentes iniciativas tanto con enfermos como con familiares, así coma no campo da investigación contra o cancro. 

En representación da Orquestra Panorama, o seu cantante, Lito Garrido, agradeceu ao alcalde de Ordes, Manuel Regos, todo o esforzo realizado para a celebración desta gala, así como das edicións anteriores. Garrido destacou os grandes artistas que participarán este ano, artistas de renome a nivel nacional e internacional como Carlinhos Brown, Malú, Merche, Pintingo, Ana Torroja, Melocos, Cherito, Robert Ramírez e La Guardia. En representación de Galicia, actuarán as Cantareiras de Ardebullo. Un concerto conducido polo presentador do programa Land Rober da TVG, Roberto Vilar. A entrada é de balde. 

A gala contará cun amplo dispositivo de seguridade no que participarán máis dun cento de persoas entre persoal de seguridade privada, Policía Local, Garda Civil, Protección Civil, Bombeiros, Axencia Galega de Emerxencias (Axega) e Cruz Roja. A zona estará videovixiada por un camión- posto de mando avanzado de Axega.Como medida de seguridade, prohibirase a entrada ao recinto con vasos, botellas de cristal ou calquera obxecto que se poida considerar perigoso. 

Está cortada ao tráfico a rúa da Feira, a rúa Compostela desde o cruce coa rúa do Mercado e a rúa do Muíño, lugares onde estará tamén prohibido estacionar. Ademais durante o concerto tamén permanecerán cortadas a rúa da Canteira, a rúa das Campeiras e a rúa Alfonso Lesta. 

Recoméndase aos autobuses que descarguen aos seus pasaxeiros no centro do municipio e estacionen na zona do polígono ou pola piscina climatizada once e indicarán zonas de aparcadoiro.

Sociedade