Carlos Callón: “O decreto do galego conta co respaldo unánime da comunidade educativa”

Carlos Callón: “O decreto do galego conta co respaldo unánime da comunidade educativa”

20 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O noso idioma atópase nunha situación de “emerxencia” e a derrogación do decreto do galego no ensino resultaría “letal”. Son palabras do presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. Nunha entrevista para Radiofusión, Carlos Callón criticou moi duramente os proxectos do futuro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, con respecto á lingua. Incidiu especialmente en que o decreto do

Callón recomenda a Feijoo que se asesore. Na súa opinión, o futuro presidente galego está a amosar un grande descoñecemento do sistema educativo. Con respecto ás galescolas, o líder dos populares manifestou en varias ocasións que deixará que os pais elixan o idioma no que os seus fillos aprenden a ler e escribir. O presidente da Mesa quixo aclarar que nestas garderías se atende a nenos de ata 3 anos, polo que en ningún caso reciben ese tipo de ensinanzas.

 

Carlos Callón tamén repasou os datos do Mapa Sociolingüísico de Galicia, que vén de facer públicos a Real Academia Galega. No período estudado, do 1992 ao 2004, duplicouse o número de persoas que “nunca falan en galego”, pasando do 13% a preto do 26%. Outra das conclusións que tiran desde a Mesa dese informe é que a escola impón un “proceso castelanizador”, xa que son moitos máis os nenos que chegan ao colexio falando en galego, dos que saen ao remataren o período educativo.

 

Sociedade