Carlos de Castro acude ao Club de lectura do IES Fene

Carlos de Castro acude ao Club de lectura do IES Fene

06 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A biblioteca do IES de Fene acolle esta tarde a visita do escritor Carlos de Castro, autor de “La casa de la linterna”. Compartirá cos pais e nais, membros do Club de lectura, o comentario do seu libro, un dos leídos polo grupo. O club de lectura do IES Fene, reúnese dende as 4,30 da tarde.

 

Unha novela a medio camiño entre unha obra para adolescentes e un repaso histórico á época da posguerra. Iso pretende ser “La casa de la linterna”, novela localizada no Pontedeume a mediados da década dos anos 40 do século pasado.

A madurez, o cine, a literatura, o fútbol e o amor acompañan aos dous rapaces de Pontedeume protagonistas da trama. Unha novela que atrapa e que xira en torno á casa que dá nome á novela. En realidade trátase do chalet dos Tenreiro, unha casa abandonada e cuns misteriosos xardíns que a rodean.

Todas as casas teñen unha historia, segundo Carlos de Castro. O autor de “La casa de la linterna”, Carlos de Castro, impulsa tamén a editorial Espino Albar. Adicaráse á publicación de libros centrados na comarca do Eume.

Sociedade