Carlos Manuel Callón: “O auto do TSXG di que o Tribunal necesita máis tempo”

Carlos Manuel Callón: “O auto do TSXG di que o Tribunal necesita máis tempo”

21 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

As primeiras prospeccións feitas pola Plataforma Queremos Galego no que vai de curso nos centros de ensino, demostran que a realidade dista moito do 50% de ensino real en galego nas diferentes etapas educativas. Así o indicou a Plataforma nun acto que  tivo lugar esta mañá no Auditorio de Galicia en Santiago e no que estiveron presentes Carlos Manuel Callón, presidente da Mesa e portavoz da plataforma Queremos Galego, e representantes das diferentes organizació

Para a Plataforma o decreto contra o idioma galego que a Xunta promulgou de forma unilateral está causando o caos nos centros de ensino e a preocupación nas familias que se ven imposibilitadas para acceder ao ensino en galego. Indican que a situación desgaleguizadora en educación infantil é clamorosa, e que en primaria e secundaria tamén se está a dar unha situación máis que preocupante. Por esta razón cren necesario facer un chamamento contra a prohibición do galego no ensino, e envían unha mensaxe de apoio ao profesorado e ás familias que queren que os seus fillos e fillas aprendan en galego.

A Plataforma tamén subliña dúas cuestións: por unha banda, nega que este decreto teña apoio dalgunha institución comunitaria, e por outra, afirma que o que presentou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia é un auto e non unha sentenza, polo que o Tribunal afondará nos indicios de ilegalidade do decreto cando emita unha sentenza. Carlos Manuel Callón indicou que a resposta da Plataforma a estes ataques seguirá sendo o movemento social e a campaña de iniciativa lexislativa popular en defensa dos dereitos lingüísticos.

Sociedade