Carmen Gallego (PSdG) : “Ecoembes rouba aos concellos galegos en connivencia coa Xunta”

Carmen Gallego (PSdG) : “Ecoembes rouba aos concellos galegos en connivencia coa Xunta”

19 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Gallego interviu na Comisión 2ª do Parlamento para reclamar ao Goberno, mediante unha proposición, negociar no novo Convenio Marco con Ecoembes que ten que entrar en vigor a partires do 1 de xaneiro de 2011 as condicións de retirada e pago relativas á selección da totalidade dos envases recuperados no Complexo Ambiental de Lousame. Tamén solicita anticipar á Mancomunidade de concellos Serra de Barbanza a contía económica necesaria para o no

Tras a votación lamentou que o Partido Popular diga que quere apoiar este complexo medio ambiental, pero non o demostran cunha decisión practica, apoiando este iniciativa, senón con frases grandiolocuentes. Gallego lembrou ademais que o Grupo Socialista apoiaba 2 emendas presentadas polo PP neste asunto “pero nin así quixeron votar a favor”.

A portavoz de Medio Ambiente criticou duramente a xestión do Partido Popular neste asunto e reclamou a empresa Ecoembes que cumpra “e pague o 100% dos envases aos concellos de Galicia”. E insistiu nas súas criticas “Ecoembes rouba aos concellos co consentimento do Goberno de Feijoo, polo tanto a Xunta é cómplice”, espetou. 

Gallego lembrou na súa intervención que a grave situación pola que atravesa a empresa xestora da planta que ameaza con deixar a xestión da mesma a finais de outubro e, polo tanto, a . Nese senso emprazou a buscar unha solución razoable a este conflicto. 

A deputada socialista dixo que o Complexo Medioambiental de Lousame xestionado pola Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza é unha instalación punteira en recuperación e reciclaxe. De feito no Plan de Residuos que se está tramitando por parte do goberno de Galicia se recoñecen as mellores ratios de reciclaxe neste complexo.  

Gallego denuncia que aínda que esta pranta é unha alternativa na xestión de residuos  asegura que “non é apoiada polo actual goberno de Feijoo”. Asevera ademais que o PP ten como referente ideolóxico SOGAMA, da que lembrou foi creada polos gobernos Fraga e que se demostrou reiteradamente que “non é unha opción que concorde coa xerarquía comunitaria na xestión de residuos onde as ultimas dúas opcións son a incineración e o vertedoiro”, insistiu. 

Plan de Residuos 

A portavoz socialista replica que o goberno autonómico pretende coa redacción do novo Plan de Residuos perpetuar o modelo de incineración e vertedoiro que acuñou en Sogama, e que amplía coa nova construcción dunha incineradora e un vertedoiro no Sur de Galicia.Insiste nas súas criticas e advirte que “este Plan de Residuos non ofrece solucións nin a inclusión dos dous modelos alternativos existentes hoxe en Galicia (Nostián e Lousame) nunha auténtica política de residuos”, tal como defendemos dende o PSdeG-PSOE. 

SOGAMA

Argumenta tamén que Galicia debería contar cunha auténtica Sociedade Galega do Medio Ambiente na que convivan os distintos modelos de xestión de residuos, participada polos concellos e a Xunta de Galicia e con carácter público, que prime os criterios ambientais sobre os económicos.Sinala ademais que esta solución evitaría os problemas que hoxe teñen os sistemas alternativos de xestión de residuos con nulo apoio da Xunta de Galicia namentres a SOGAMA se mantén cunha participación pública do 51% co diñeiro de todos os galegos e galegas independentemente de si estes escolleron para a xestión dos residuos nos seus concellos este ou outro modelo.

Institucional