ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A XXXI edición da Carreira Popular de Negreira, preséntase este venres 15 de outubro. Unha cita deportiva moi arraigada na vila nicrariense e que este ano se adianta unha semana por mor da cercanía da Carreira de San Martiño de Ourense. A proba deportiva, con máis sona en Negreira, celebrarase así o domingo 7 de novembro.
A carreira terá como punto de saída e meta a rúa Castelao, a diferenza dos pasados anos que partía da casa do concello e remataba diante da zona onde se ubican os centros educativos de Negreira. Outra das novidades desta edición é a colocación dun chip en cada corredor. Segundo explicou Emilio Forján de Radio Negreira, por medio deste dispositivo facilitarase a actividade dos organizadores xa que aportará datos máis fiables dos tempos e demais incidencias que se produzan no desenvolvemento da proba.
Os atletas terán unhas semanas de vertixe xa que entre a carreira de Negreira celebrarase con anterioridade a Carreira Popular Camiño de Santiago, o 31 de outubro, e posteriormente, a de San Martiño en Ourense.