As carrilanas botan a correr

Fin de semana de carrilanas en San Mamede
09 de Agosto, 2019 - 11:05 h. | Publicada por Radio Fene

As carrilanas botarán a correr esta fin de semana. San Mamede acolle a vixésimo terceira edición da súa tradicional baixada de carrilanas.

Os actos comezan o venres coa apertura ás doce da mañá da zona de acampada. O sábado dende as cinco da tarde ata as oito terán lugar as sesións de adestramentos e, pola noite, a partir das dez, celebrarase a quinta edición do festival de karaoke.

E o domingo é o gran día. Comeza de doce a unha no mediodía coa baixada infantil, para rapaces de 6 a 13 anos, e os correpasillos, de 1 a 5 anos.Haberá sesión vermú á unha do mediodía e comida, paella de marisco por 6 euros a ración. A primeira baixada oficial dará o pistoletazo de saída ás catro e media e a segunda ás seis da tarde. Ás oito realizarase o concurso de saltos e a partir das nove terá lugar a entrega de premios. O evento culminará coa festa de clausura, dende as dez da noite.

Cultura

Publica o teu comentario agora