A Casa da Maleta de Barallobre, plató dunha serie para a TVG

A Casa da Maleta de Barallobre, plató dunha serie para a TVG

14 de Novembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Casa da Maleta transformouse no Hotel Almirante. O chalet do Adriano en Barallobre converteuse esta semana en plató da rodaxe dunha serie, dirixida por Antonio Cuadri, e protagonizada por Mariana Expósito e Antonio Mourelos. A produción conta cun orzamento de setecentos cincuenta mil euros. Outra parte da rodaxe realizouse en Lugo. Esta mañá a productora recollía o mobiliario utilizado. Somentes resta unha semana de traballo para finalizar es

Os interiores e o exterior da Casa da Maleta en Barallobre serviron ao longo de toda esta semana de plató de rodaxe da película “Hotel Almirante”  baseada na novela homónima da lucense, Marta Rivera de la Cruz. A serie emitiráse na TVG  en dous capítulos de noventa minutos de duración cada ún.

Arredor de 45 profisionais traballaron en Barallobre esta semana na rodaxe de “Hotel Almirante”. Finalizou aquí o labor dunha ficción localizada a mediados do século vinte. No reparto destacan os actores Mariana Expósito e Antonio Mourelos, baixo a dirección de Antonio Cuadri, que conta cunha ampla experiencia na realización de audiovisuais. Foi codirector de Lo+Plus, dirixiu varios capítulos de Manolito Gafotas, Cuéntame como pasó e Al salir de clase. En canto ao produtor executivo,Andrés Barbé tamén se encargou da produción das películas Divertimento, Mia Sarah e Vivir para siempre. A escritora Marta Rivera de la Cruz foi finalista do Premio Planeta 2006 con “El tiempo de prodigios”.

O argumento de “Hotel Almirante” céntrase en Ribanova, unha cidade imaxinaria. A acción acontece en 1948. Cristina Sanjuán é unha moza madrileña que elixiu un estraño lugar para acabar coa súa vida: un cuarto do Hotel Almirante en Ribanova. A rapariga nunca antes estivera na cidade, ninguén a coñecía, ninguén sabe por que se suicidou. Con todo, Cristina tiña un motivo para seleccionar o escenario da súa morte e o certo é que esta non podía suceder doutro xeito. Hotel Almirante reconstrúe unha apaixonante e desagarradora historia de amor, á vez que se desenvolve a historia do hotel, desde a súa fundación na segunda década do século XX até os anos de posguerra.

 

Sociedade