A Casa da Mocidade de Allariz organiza un día de rafting polo río Ulla

A Casa da Mocidade de Allariz organiza un día de rafting polo río Ulla

23 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O vindeiro 17 de abril, por un prezo de 25 euros, os mozos e mozas alaricanos poderán viaxar ata o río Ulla para practicar rafting polo seu caudal. Trátase dunha actividade organizada pola Casa da Mocidade e o prazo de inscrición remata o 9 de abril.

O concello de Allariz procurará un autobús e subvencionará parte da viaxe e do material, co que as persoas interesadas só deberán achegar a cantidade de 25 euros.

Ademais, a Casa da Mocidade está a preparar diversas actividades de cara ao verán, como xogos tradicionais na rúa ou un macroconcerto de fin de curso con todos os grupos de utilizan o local de ensaio.

Sociedade