Case 2.000 capóns venderanse o domingo en Vilalba

Case 2.000 capóns venderanse o domingo en Vilalba

15 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Mais de 1.800 capóns serán sacrificados estes días para ser vendidos na edición do 2009 da tradicional Feira do Capón de Vilalba, que terá lugar o vindeiro 20 de decembro. Esta data é unha das novidades do presente ano, xa que viña celebrándose un día fixo, o 21 de decembro. Sen embargo, a Asociación de Criadores decidiu, por unanimidade dos seus membros, retrasala un día para que coincidise co domingo, dado que ao non ser d

Outro dos cambios previstos será a modificación da hora da apertura de portas da carpa situada na Praza da Constitución, onde terá lugar a Feira. Así, o final da entrada dos capóns retrasarase 30 minutos ata as 9.30 horas, co que os visitantes poderán acceder ao recinto contra as 10 da mañá. Desta forma a xente disporá de mais tempo para poder achegarse ata a vila lucense, sen ter necesidade de madrugar.

 

 

O propio programa do día, anunciado pola Concelleira de Feiras vilalbesa, Cheri Grandío, seguirá, contra as 12.30 horas, coa entrega dos premios ao mellor criador, dotado con 300 euros; á mellor cesta, agraciada con 200 euros; e ao mellor capón, recoñecido con 150.

 

A continuación dará comezo a IV Edición da degustación do capón nos locais de hostalería de Vilalba, para a que o Concello repartirá 30 animais entre outros tantos bares e restaurantes, co fin de que os visitantes poidan probar este manxar da chaira.

 

O representante da Asociación de Criadores e técnico local de emprego, Gonzalo Hermida, anunciou na presentación da feira que os 66 criadores porán á venda uns 1860 capóns a un prezo que oscilará entre os 180 e 200 euros a parella.

 

“O prezo dos 1860 capóns situarase entre os 180 ou 200 euros a parella, cifra que non é cara, xa que, como os animais roldarán os 5 quilos aproximadamente, sae a 20 euros o quilo, cantidade que non é elevada para un produto tan especializado coma este”, dixo Hermida.

 

Este nivel de calidade tamén foi destacado polo alcalde de Vilalba, Gerardo Criado, que precisou que cada vez “estaba mais estandarizado” e que cumpría escrupulosamente “con todos os requisitos esixidos para que esta feira pertenza á elite das feiras agroalimentarias”.

 

Criado tamén se referiu á importancia que este evento ten para Vilalba, xa que “vai invariablemente unida ao nome da vila. Para o noso pobo o capón significa moito. A historia do capón e a de Vilalba son inseparables”.

 

Por último, o edil quixo facer fincapé nos esforzos que “fai o Concello para que este produto siga sendo unha referencia dentro do mercado agrogandeiro mundial”.

 

Polo tanto, o 2009 non quedará sen feira do capón, nin tampouco os fillos predilectos da vila, Manuel Fraga e o Monseñor Antonio María Rouco Varela, ademais do pregoeiro das festas do San Ramón 2009, Antonio O. Olano; xa que, como todos os anos, se lles enviará un capón.

Sociedade