Case cen anos

Case cen anos
30 de Abril, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene



Bótase en falta maior participación da xente nova. Reflexión do reelixido presidente da asociación O Pote de Maniños, Javier Rodríguez. O Pote conta actualmente con 282 socios. O embrión da entidade foi a Sociedade de Amigos das Árbores de Maniños creada hai case cen anos, en 1925.

ESCOITA O PODCAST:

Fala o presidente da asociación O Pote de Maniños Javier Rodriguez:

http://173.255.131.18/audio/290424RODRIGUEZ.mp3

Elección da directiva, que se renova con dúas novas incorporacións, Ángel Aguilar e Eugenia Román, foi un dos acordos adoptados pola asemblea da Asociación Cultural Recreativa e Deportiva O Pote, celebrada o domingo, na que tamén se tratou dos problemas de humidades que afectan á sede da entidade cando chove moito. Dada a carestía de acometer unha obra no tellado, optaron pola prevención. Acordaron facer revisións e limpeza do tellado tres veces ao ano.  Entre os plans a curto prazo, as actividades para celebrar o Día das Letras Galegas. Os actos darán comezo o día 11 de maio.

Sociedade

Publica o teu comentario agora