Case con noite, me erguía, ...

Case con noite, me erguía, ...
28 de Xuño, 2020 - 06:55 h. | Publicada por Radio Neria

"Cheo de afán i emoción, case con noite, me erguía, tódolos anos, o día da festa de Tabeirón". Son uns versos incluídos na peza A festa da patrona de Tabeirón, de Enrique Labarta Pose. O escritor faleceu en Barcelona, o 13 de maio de 1925  a consecuencia das feridas sufridas nun accidente ferroviario. Unha placa no barrio de Gracia lembra ao que cualifica como "poeta popular de Galicia".

Placa no barrio de Gracia a Enrique Labarta Pose

Carvalho Calero na súa "Historia da literatura galega contemporánea" afirma que "Labarta tivo sona como poeta humorístico. Era bo versificador e no deixou de cultivar a poesía seria. Con firme pincelada descritiva, áchase na súa obra verdadeira emoción, expresada con sobriedade e eficacia". As dotes de humorista de Labarta maniféstanse nos seus contos con superior relevo.  Foi empregado de Facenda e residiu moitos anos en Pontevedra. Alí, como en Santiago, desenvolveu unha grande actividade literaria e periodística. Naceu en Baio o 22 de xullo de 1863.

Cultura

Publica o teu comentario agora