Case listos os peiraos de Maniños e Barallobre

Case listos os peiraos de Maniños e Barallobre

13 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As obras dos peiraos de Barallobre e Maniños están practicamente rematadas e agardan que a finais de ano estean listas, anque a edil portavoz do grupo de goberno, Rocío Bértoa, recoñece que quedan flecos, pequenas correccións que se farán nos meses de xaneiro ou febreiro.  Unha vez rematadas as obras, empezaranse a solicitar as licencias para os amarres.

Tamén as obras do conductor xeral á EDAR de Punta Avarenta en Ares marchan a bon ritmo no tempo previsto. Neste momento están paralizadas ao seu paso por Navantia por problemas de permisos e autorizacións que non estaban xestionadas en tempo. Isto podería retrasar o seu remate, segundo declarou a portavoz popular de Fene. Resultado da canalización das tuberías, é o deterioro do firme na Avda do Mar de San Valentín. A empresa encargada da reposición quere abordar o asfaltado definitivo dende o xoves desta semana, segundo manifestou a edil Rocío Bértoa esta mañán no esapacio As Foxas.

O concello é consciente dos problemas que supón para a veciñanza o mal estado da Avda do Mar de San Valentín que xa leva enriba ata cinco rebacheos realizador por personal municipal que non serviron de moito por culpa do mal tempo.

Sociedade