Case trescentas mil persoas sen emprego

Case trescentas mil persoas sen emprego

29 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Galicia ten 16.000 parados máis que hai tres meses, segundo a Enquisa de Poboación Activa publicada esta mañá. O paro alcanza o seu récord histórico con 296.900 persoas sen traballo, o que representa o 23,20% da poboación activa.

Esta terza feira (29 de abril) fixéronse públicos os dados de desemprego correspondentes ao primeiro trimestre de 2014. No noso país, a taxa de paro sitúase no seu máximo histórico con 296.900 persoas sen traballo (o 23,20%). 

Esta cifra reflicte un incremento de 16.100 persoas en relación cos dados do último trimestre de 2013, unha diferenza do 3.14%. A maior variación á alza do conxunto do Estado, xunto coas Illes Balears. Na comparativa interanual tamén se produciu un aumento de 9.100 persoas no número de parad@s.

Sociedade