Casei o sabado e o domingo fun segar

Casei o sabado e o domingo fun segar
04 de Xuño, 2020 - 09:50 h. | Publicada por Radio Fene

Cesárea Fraga foi a protagonista de "Recordando o noso". Recorreu quilómetros a pé nas manifestacións da Reconversión. Simpatía e memoria están garantidas.

ESCOITA O PODCAST:

Cesarea Fraga veu vivir a Fene en 1981 cando o seu home entrou a traballar en Astano. Pouco despois chegou a Reconversión. Cóntou isto no programa “Recordando o noso” dos Servizos Sociais municipais, que durante a crise sanitaria estase a emitir en Radio Fene cun tema central, os medios de transporte segundo as experiencias das persoas maiores que participan nas Tardes Activas. Qué ten que ver isto coa Reconversión? Pois que Cesarea púxose a camiñar de novo nas múltiples manifestacións do naval que percorrían a pé moitos quilómetros, de Fene a Mugardos, aPontedeume ou aFerrol. Cesarea utilizaba o tren para ir a Betanzos e o autobús para ir á súa Vilalba natal. Quéixase de feito de que por culpa do coronavirus non pode ir á vila luguesa onde conserva unha casa.

“O coronavirus castigounos ben” Pasou o confinamento facendo sudokus, sopas de letras e intentando facer mascarillas. E por suposto, amasando pan e facendo empanadas de sardiñas e de mazá. O programa desta semana, máis que de transportes, tratou sobre gastronomía e sobre os duros traballos que tiñan que facer as mulleres cando ela era nova. “Casei o sabado e o domingo fun segar. Esa foi a miña lúa de mel”. As súas vacacións en Vilalba consistían en axudar a pais e sogros en todos os labores agrícolas. “Agora que podía pasear véunos este castigo” referíndose á pandemia. Rematou a conversa cun convite a visitar as instalación de Radio Fene.

María Xosé Paz e Fernando Bermúdez, responsables do obradoiro de memoria, conduciron o programa xunto a Henrique Sanfiz.

 

(Imaxe das movilizacións na Reconversión de Astano. Arquivo El Correo Gallego)

Sociedade

Publica o teu comentario agora