Castelao, debuxante revolucionario

Castelao, debuxante revolucionario

17 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Castelao declárase favorable á organización política e social da Unión Soviética despois da súa visita a aquel país. Atopou alá persoas sensibles para facilitarlle a realización dunha exposición dos albumes Atila en Galicia e Milicianos. Naquel momento Castelao "era o debuxante revolucionario máis importante do mundo", segundo Xesús Alonso Montero, autor de "Castelao na Unió

“Os soviéticos decatáronse da importancia política e artística dos debuxos de Castelao” afirma o catedrático de Lingua e Literatura. O dirixente do Partido Galeguista, antes de rematar a guerra, visita tamén Cuba e Estados Unidos, dentro dunha campaña diplomática dirixida a lograr apoios para a Segunda República. “Castelao cambia logo a raiz do pacto xermano-soviético, que foi un golpe moi duro para vellos militantes do Partido Comunista, e para persoas que tiñan simpatía coa Unión Soviética, pero que se veu abaixo” salienta Alonso Montero.

Sabíase que Castelao, formando parte dunha delegación española moi plural, estivera, en maio de 1938, en distintas cidades de tres repúblicas da URSS (Leningrado, Moscova; Kiev; Bakú). No presente volume recóllense por primeira vez todos os textos de Castelao sobre a Revolución e a realidade soviéticas. Abundan as formulacións que xustifican o subtítulo do libro: "Filocomunismo e prosovietismo de Castelao nos anos da Guerra Civil". Algunha é deste calado: "En mi viaje a la URSS he adquirido la convicción de que allí se está engendrando una nueva vida que ha de ser el molde de los demás pueblos del mundo". Estas dúas facetas cómpre entendelas nas coordenadas da Guerra Civil, período no que Castelao se esquerdiza; no que intima con destacados comunistas (Líster, Santiago Álvarez…); no que bate (e faina súa) coa definición de nación formulada por Stalin; no que gusta de escribir para os combatentes marxistas, e no que recibe (entusiasmado) as gabanzas da crítica soviética sobre a súa condición de «debuxante revolucionario».

Sociedade