Catpeople editan “Love Battle”, o seu disco máis pop, electrónico e luminoso

Catpeople editan “Love Battle”, o seu disco máis pop, electrónico e luminoso

03 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O pasado mes de abril a revista musical e gratuíta Mondosonoro viña con agasallo, o terceiro álbum dos galegos afincados en Barcelona Catpeople. Love Battle, así se chama o novo álbum do quinteto, no que abandonan a escuridade e as guitarras para dar paso a un son máis no que o pop, a electrónica, os xogos vogais e as percusións collen protagonismo. Un traballo no que tamén apostaron pola a

Love Battle son dez temas doados de escoitar, que entran á primeira, e que dan forma a un álbum moi compacto, para escoitar de principio a fin. “Sorry” é o primeiro dos cortes, unha canción con aires africanos que foi seleccionada por Catpeople como single presentación do disco. A ela séguena outros temas moi bailables como “Rana” e “Fat rat”, e outros máis íntimos como “Secret life (A japanese story)” e “Fishes with big mouth”.

Huesca e Murcia foron as primeiras paradas na xira de presentación de Love Battle. Neste mes de maio Catpeople actuarán en Málaga, Cádiz, Madrid, Guadalajara, Toledo e Badajoz; en xuño en Mallorca e o 1 de xullo pisarán terras galegas para actuar no Vigo Transforma.

Cultura