Catro Camiños de Vilalba reclama unha solución mellor para a Rúa Castelao

Catro Camiños de Vilalba reclama unha solución mellor para a Rúa Castelao

08 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Asociación Catro Camiños de Vilalba amosou o seu desacordo polo sistema de arranxo empregado desde o concello para paliar as deficiencias da Rúa Castelao. Desde esta organización vilalbesa expresaron a necesidade de mellorar as instalacións e o piso da mesma, pero evitando as molestias ocasionadas na actualidade a vehículos e péons.

Catro Camiños rexeita a solución dada desde a Casa Consistorial e esgrime que, “aparte de non solucionar o problema do deterioro da citada Rúa”, o que provocou foron “mais molestias, tanto a nivel de peóns como dos propios automóbiles que circulan pola rúa”, debido á “polvareda e mais a grava” que solta o novo piso da calzada, o que, segundo esta asociación, “dana os coches, tanto os que circulan como os que están estacionados, ademais de converterse nunha lameira cando chove”.

 

Por elo reclaman un compromiso do alcalde da vila, Gerardo Criado, para aportar “solucións reais”, xa que “con un pouquiño de area e grava non se pode arranxar unha rúa”.

Sociedade