Catro de cada dez galegos non coñecen Ferrol

Catro de cada dez galegos non coñecen Ferrol

03 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Catro de cada dez galegos non visitaron Ferrol e Ortegal, segundo unha das conclusións dun estudo realizado polo Plan de Dinamización Turística. A valoración media dos visitantes é de 7,21 puntos sobre 10. O presidente da iniciativa Pablo Villamar presentou este mediodia as liñas que se desprenden deste analise da imaxe da comarca en Galicia.

O informe destaca que as portas de entrada ao territorio situanse fundamentalmente en Ferrol, Ortigueira e San Andrés de Teixido. Os puntos fortes da comarca residen nos seus recursos naturais e culturais. Os turistas tamén valoran a gastronomía da zona. O Plan de Dinamización indica que a boa valoración da gastronomía debe aproveitarse para desenvolver o turismo gastronómico no territorio. As palabras máis repetidas polos visitantes están relacionadas coa beleza e co encanto, o que denota a percepción positiva do destino.

Outra das conclusións do estudo conclue que se debe aproveitar a imaxe positiva do destino para incidir na promoción do territorio dentro da propia comunidade, posicionando Ferrol- Ortegal como destino de estancias cortas ou escapadas de fin de semana. Débense destacar os recursos patrimoniais e naturais da zona, os produtos turísticos existentes, como a ruta do pan de Neda, tren turístico Ferrol Ortegal e Camiño de Santiago inglés en bicicleta. Tamén se apunta a posibilidade de crear sinerxias con destinos próximos como a Mariña luguesa, a Costa da Morte, as Rias Baixas e Asturias.

Sociedade