A causa non tiña nen pés nen cabeza, segundo Rivera Arnoso

A causa non tiña nen pés nen cabeza, segundo Rivera Arnoso

21 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“A causa non tiña nen pés nen cabeza” afirma o ex alcalde de Fene Xosé María Rivera Arnoso, unha vez quedou definitivamente arquivada a causa aberta no seu dia polas obras da “casa de Cela”. Unha vez houbo o sobreseimento provisional e tras 5 dias sen que se presentara recurso, agora a decisión de arquivo é firme.

A denuncia formulada en decembro do 2008 polo entón rexedor, o socialista Iván Puentes, acusaba a Rivera Arnoso de falsedade documental e malversación por dispoñer dos cartos dunha subvención de forma ilícita, ao certificar a primeira fase dunha obra no Parque Castelao. Agora a Fiscalía solicitou o sobreseimento da causa, considerando probado que as certificacións aprobadas no seu dia se correspondian a unidades de obra executadas, pero non visibeis e a materiais xa acopiados.

Sociedade