ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Cedeira acolle este sabado unha homenaxe, neste caso ás víctimas da represión franquista no lugar onde no ano 1937 se activou un campo de concentración que acolléu a máis de 700 presos, a maioría asturianos. Por iso o presidente do Principado de Asturias, Vicente Álvarez Areces, será unha das persoas que acudan ao acto , á 1 da tarde no lugar da Revolta, antiga zona das fábricas de salazón, hoxe urbanizada. Nunha delas
O historiador Enrique Barrera estudou ese anaco da historia a través de testemuñas orais e documentación atopada no arquivo do PCE. Conta Barrera que os presos traballaban nas estradas e as rapazas de Cedeira levábanlles roupa e mantas. Hai constancia de que arredor de 50 deses presos foron fusilados ou paseados e que estes últimos estarían enterrados nunha zona da praia de Vilarrube. O obxectivo seguinte sería proceder á exhumación dos cadáveres, segundo o historiador ferrolán.
Os actos de homenaxe ás victimas da represión do campo de concentración de Cedeira empezan o venres 29 cunha conferencia de Henrique Barrera ás 20.00 horas no Auditorio Municipal. O sabado ás 13 horas renderase a homenaxe no lugar onde estivo o campo de concentración, no lugar da Revolta.
Asistirán, o presidente do Principado de Asturias, Álvarez Areces, o alcalde de Cedeira, Xosé Luís Vergara, o presidente da Asociación memoria Historica Democrática, Rodríguez Carballeria, e o da Asociación Fuco Buxán, Octavio Cabezas. Un autobús sairá ás 11 da mañán de diante do edificio de Correos en Ferrol para trasladar ás persoas que desexen acudir o sabado á homenaxe. O acto rematará no Auditorio municipal coa entrega dun recordatorio ás familias dos presos e aos represaliados do franquismo en Cedeira.