Cen mil ointes distintos

Cen mil ointes distintos
01 de Xaneiro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O proxecto Gaita Solo é para “frikis da gaita”. “Facer estes videos lévanos entre 12 e 24 horas, son 2 cámaras para cada gaita, e diferentes tomas” indica Daniel Bellón. A iniciativa está orientada para youtube e en cada peza aparecen todos os datos técnicos da mesma. Por exemplo, a peza “Dente” é unha variación sobre un tema orixinal de Xosé Manuel Fernández de Muxicas. Subiuse a comezos de decembro e xa supera as 1.000 visitas.

ESCOITA O PODCAST:

É un contido para xente da gaita que queira escoitar varias ocasións para practicar, destinado de xeito preferente para youtube ainda se se subiu a todas as  plataformas e redes sociais. A xente é completamente reincidente, son superointes. Tamén traballan no proxecto Bellónmaceiras, centrado sobre todo en spotify e en “Música tranquila para degustar”, unha iniciativa que poderá ter a traducción en formato físico. Foron 100.000 ointes distintos e 300.000 reproducións en Spotify durante o ano 2023.
 

Cultura

Publica o teu comentario agora