Centenario do nacemento de Carvalho Calero, un ferrolán galego e universal

Centenario do nacemento de Carvalho Calero, un ferrolán galego e universal

22 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cúmprense 20 anos do pasamento e 100 do nacemento do intelectual Ricardo Carvalho Calero, un dos principais representantes do reintegracionismo lingüístico, ademais de prolífico autor literário e científico e representante do nacionalismo histórico galego. Co gallo destes aniversarios a Fundación Artabria, dentro do calendario de actividades dispotas por estas celebracións, realizará unha homenaxe este sábado 27 de marzo fronte &aacu

Como entidade radicada na cidade natal de Carvalho, a Fundación Artabria aproveita sempre esta data  para lembrar a súa obra e reivindicar as súas ideas, a través de diverso actos, como a publicación de materiais divulgativos, iniciativas municipais e concentraciónos ao pé na  casa en que naceu, no Ferrol Velho, en  1910. Tras a ofrenda floral, as distintas intervencións e o recital poético celebrarase un xantar de confraternización pola lingua no local social da entidade. 

Transcurridos 20 anos da morte e 100 do nascemento, a figura de Carvalho Calero non deixa de medrar  e botar raíces na historia da Galiza como intelectual  integral, cultivador de todos os xéneros literarios, estudoso da historia literaria galega e defensor da dignidade lingüística do noso pobo.

Desde o seu compromiso de xuventude co  galeguismo de esquerda, a súa participación na loita antifascista no Exército republicano, a prisión, a docencia nos anos da ditadura, e o labor de investigación lingüística e literaria na etapa posterior, Carvalho Calero caracterizouse sempre pola independencia en relación ao poder. 

Como estudoso do ámbito filolóxico e sociolingüístico, autor teatral, poético, romancista... Carvalho representa a xeración  que, antes do golpe de estado de 1936, tentou dotar a Galiza de todo o que caracteriza aos países normalizados e independentes. Con él únese a xeración  de Castelao coa do novo nacionalismo do pos-franquismo. De feito tras a ditadura e xa na súa madurez, o autor ferrolán voltou a ese mesmo compromiso teórico e práctico co país. No seu afán constructivo e sen vender as súas conviccións  ao aparello institucional que se fraguaba a finais da década dos 70, o autor convertiuse no primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela. 

Segundo a Fundación Artabria, as institucións autonómicas condenáronno  ao ostracismo na última etapa da sua vida, por non aceptar o estipulado en materia de política lingüística. Defendeu, fronte as teses que aillaban o galego,  a unidade lingüística galego-portuguesa  e unha Galiza en galego.

Ese é o aspecto que a Fundación  Artabria quere salientar  da imensa figura de poeta, dramaturgo, romancista e investigador deste ferrolán  universal. O seu inquebrantable compromiso co idioma e co país. Un compromiso que o levou a defender sen  ambigüedades o reencontro cos países que falan galego, lazos de unión con Brasil ou Portugal.

Reivindícase así un Dia das Letras para o vello profesor ferrolán  e  un recoñecemento colectivo  da súa persoa e de toda unha vida adicada ao galego e a Galiza.  

Cultura