Centos de profesores contra os recortes no ensino público

Centos de profesores contra os recortes no ensino público

18 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Centos de profesores manifestáronse esta tarde noite nas principais cidades galegas contra os recortes en Educación. As protestas organizadas por todos os sindicatos do ensino preceden á convocatoria dun referendum para o dia 25. O profesor e escritor Antón Cortizas leu un manifesto en Ferrol, "reclamando un cambio na política e na actitude da Consellería de Educación da Xunta de Galicia". Os convocantes amosáronse preocupados polos niveis de

En Ferrol concentráronse diante do edificio da Xunta de Galicia máis de 500 mestres e profesores da práctica totalidade dos colexios da cidade.  "Contra os recortes en Educación, en defensa do ensino público" rezaba a pancarta que encabezou a protesta en Pontevedra. As movilizacións tamén se celebraron en Santiago (700 persoas), A Coruña (500), Vigo (500), Lugo e Ourense.En conxunto participaron unhas 9.000 persoas segundo fontes sindicais.

 

Os portavoces de CIG-Ensino, CC.OO, FETE-UXT, ANPE, STEG E CSIF dan continuidade así á primeira etapa de protestas e paros contra as medidas da Xunta. Deste xeito, profesores e distintos membros da comunidade educativa concentráronse á mesma hora, as 20.00 horas, na Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Foz, Vilagarcía de Arousa, A Guarda e Xinzo.

Sociedade