Centro de saúde ambulante

Centro de saúde ambulante

07 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A Alameda de Ordes converteuse esta mañá nun centro de saúde ambulante ao albergar unha iniciativa levada a cabo polo Concello de Ordes, a través da concellería de Sanidade dentro do programa “Ordes Saudable”. Unha iniciativa que serviu para conmemorar o Día Mundial da Saúde, e que consistíu na instalación dunha Carpa da Saúde na que se revisaron de balde a tensión arterial, o peso e os niveis de

Os encargados de revisar ditos niveis foron sanitarios do Centro de Saúde de Ordes e do Colexio de Enfermería da Coruña. Nesta actividade participaron tamén Agedo (Asociación Galega de Enfermos para a Doazón de Órganos) e a Irmandade de Donantes de Sangue de A Coruña que colocaron dúas mesas informativas sobre a doazón de órganos e sangue.

O edil de Sanidade, Jesús Pedreira, mostrou a súa satisfacción pola boa acollida da iniciativa, así como lembrou a importancia de facer revisións periódicas como forma de previr enfermidades e doenzas.

Sociedade