Cervo prepárase para acoller a XXXIII Queimada Popular o sábado

Cervo prepárase para acoller a XXXIII Queimada Popular o sábado

18 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

A Queimada Popular de Cervo foi declarada 'Festa de Interese Turístico' e vai xa pola súa XXXIII edición. Nesta celebración faise unha representación teatral que cada ano cambia pero que sempre segue o mesmo fíor argumental: o triunfo do ben sobre o mal. A festa comeza pola noite, coa baixada da comitiva ata a praza acompañados polo son das gaitas interpretando o himno do Antigo Reino de Galicia e iluminados con potes de queimada e antorchas.

Na praza do Souto terá lugar a representación do enfrontamento entre o Ben, encarnado polo Bruxo e o Mal, representado porlas meiras, demos e outros seres malignos do inferno. Neste espéctaculo, o baile e a música teñen un papel destacado. E despois, litros e litros de queimada serán repartidos entre os asistentes.
Pero non só se poderá disfrutar da Queimada en Cervo. A Asociación Cultural Airiños do Xunco preparou para a xornada do sábado 20 un amplo cartel de actividades. Xa pola mañá comezará o díaa partir das 10 coa apertura do XV Mercado Tradicional. Ás 12 horas dará comezo a animación de rúa a cargo da compañía Femme Fatale que durante o día divertirá a veciños e visitantes. A unha do mediodía procederase á lectura do pregón á cargo das autoridades e xa pola tarde dende as catro os asistentes poderán disfrutar coa actuación dunha charanga.
Na noitiña, ás 21 horas comeza a ambientación das rúas do pobo, onde as meigas e seres malignos poderán sair de calquera recuncho e xa a partir das 11 da noite dará comezo a representación e logo festa verbena ata que o corpo aguante. A Queimada Popular de Cervo é xa unha cita ineludible no verán da Mariña Lucense que cada ano congrega a máis vistiantes. Os organizadores barallan cifras de arredor de 7000 asistentes. Prepararon para este ano 3500 cuncas e mais de 2500 litros de queimada.

Sociedade