A cestería abre horizontes

A cestería abre horizontes

08 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A Escola Municipal de Cestería, con sede no local social de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz Ourense) comezou unha nova tempada coa presentación do curso permanente e doutras novidades. Trinta e cinco persoas inscribíronse na escola. Esta gran demanda fixo precisa a ampliación das instalacións polo que o Concello rehabilitou unha antiga palleira situada nas inmediacións do pobo de Santa Mariña que servirá de complemento á escola e on

Coa incorporación deste novo inmoble a Escola de Cestería poderá dar resposta ás propostas xurdidas nas Xornadas de Cestería celebradas este verán. A intención do concello de Allariz pasa por levar a cabo un novo tipo de cestería con madeira para proceder a unha nova producción que permita a súa comercialización e profesionalización.

Outra das novidades é a creación dun obradoiro de cestería creativa, como un módulo mais na formación na arte da cestería á que poderán acceder os alumnos máis aventaxados.

Sociedade