Chamádeme Ismael ou a caza das baleas en Galicia

Chamádeme Ismael ou a caza das baleas en Galicia

14 de Xaneiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

“Chamádeme Ismael”. Comeza así a narración da novela de Herman Melville “Moby Dick”. A obra narra a travesía do barco baleeiro Pequod, comandado polo capitán Ahab, na obsesiva e autodestructiva persecución dunha gran balea branca. A costa galega tamén conviviu durante séculos coa caza das baleas. Mariñeiros e barcos falaban o noso idioma. En Camelle, Caión, en Prioiro en Covas en Ferrol, Bares, San Cibrao e Bu

O rei Sancho Cuarto confírmalle en 1286 o dereito do mosteiro de Sobrado dos Monxes  a recibir a parte que lle corresponde do dezmo da ballenación no porto do Prioiro en Covas en Ferrol. É a constancia escrita máis antiga da actividade de caza de baleas na costa galega.
O investigador Felipe Valdés, autor do libro “Los balleneros en Galicia” falaba do xeito de realizar a caza de baleas antes da revolución industrial. Era unha actividade costeira, de baixura, con arpon de man. Utilizábase logo o calor do lume para cocer a graxa da balea e convertila en aceite.
 Prioiro en Covas en Ferrol é o primeiro porto baleeiro do que temos noticia documentada en Galicia. Puideron ser anteriores os portos de San Cibrao e Bares. En Prioiro abandonouse esta actividade axiña, pola perda de importancia do porto ou unha maior dificultade no acceso ao recurso natural.

As pesqueiras de baleas da costa de Galicia foron as máis importantes da península nos séculos dezaseis e dezasete. Desde o medievo, tamén se pescou a balea en todo o Cantá´brico e foron os vascos os principais protagonistas dunha actividade que extenderon a caladeiros tan lonxanos como os de Terranova e Islandia. No século vinte reactivouse a primacía baleeeira de Galicia. As factorias de Caneliñas, Balea en Pontevedra e Morás en Lugo testemuñan a longa duración no tempo e o impacto da actividade baleeira na costa galega. A Unión Europea impuxo en 1986 o cupo cero de capturas de baleas. Non se contemplaron cupos reducidos para as especies de cetáceos que non corren perigo de extinción. Provocouse a desaparición dunha actividade de moderada intensidade e que gozaba dun pleno auxe económico. Nesa batalla posiblemente non gañou nen o capitán Ahab nen a enorme Moby Dick.

Sociedade