Champán en Canido pola retirada dunha antena

Champán en Canido pola retirada dunha antena

16 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Hai festa en Canido- Ferrol. Esta mañá comezaron a desmontar a antena de telefonía móbil ubicada no tellado dunha casa do barrio. Os veciños e veciñas da zona veñen pelexando desde o ano 2004 para lograr a retirada do aparello.

O xuiz decretou para mañá mércores o precintado da instalación. Pero esta mesma mañá a empresa propietaria comezou a desmontaxe da antena e da torreta con celeridade, baixo a atenta mirada de membros de ADEGA Trasancos, organización ecoloxista que encabezou as protestas pola ubicación da antena. Un guindastre encargouse de baixar o mástil que soportaba a antena, despois de cortar o tráfico.

O reemisor, situado tan só a 50 metros dun colexio e dunha escola infantil, puxera  en pe de guerra aos veciños que culpaban ao aparello das suas doenzas. No seu momento falaban de dores de cabeza, cansancio e insomnio.

Veciños e veciñas de Canido concentraránse mañá ás dez da mañá diante do edificio afectado pola antena para descorchar unhas botellas de champán e felicitarse polo éxito logrado.

Sociedade