Chega á Coruña a exposición Bentart

Chega á Coruña a exposición Bentart

28 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Mañá martes, 1 de marzo, presentarase no Aquarium Finisterrae a exposición fotográfica "A vida no límite. As expedicións Bentart", sobre o traballo de investigadores españois e estranxeiros na Antártida ao abeiro dos proxectos e campañas Bentart.

O obxectivo é dar a coñecer a vida invertebrada nos fondos mariños antárticos e deste xeito incrementar o respecto por esta incomparable paraxe natural, cuxo singular valor o fai sen dúbida merecedor de ser preservado, o máis inalterado posible, para as futuras xeracións.

A presentación celébrase ás 19.00 horas, no Aquarium Finisterrae. paseo Alcalde Francisco Vázquez 34, A Coruña.

Sociedade