ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha antoloxía de poesía surrealista mudou, cando tiña 18 anos, a visión do mundo de Xesús González Gómez. Comezou daquela a estudar este movemento artístico e agora, case catro décadas despois, compila todo o seu saber no Dicionario de surrealismo e de surrealistas, que chega mañá xoves ás librarías editado por A Nosa Terra e a Fundación Granell.
Máis de duascentas entradas integran este dicionario persoal de Xesús González Gómez, pero son moi poucas as referencias a Galicia. “Eugenio Granell foi o único surrealista galego”, asegura o estudoso, desbotando que o adxectivo serva para definir, como se adoita facer, a Maruja Mallo ou Urbano Lugrís. “Eles asimilaron algunhas técnicas do movemento, pero non a súa cosmovisión do mundo”, explicou en Radiofusiòn.
A obra recolle, en orde alfabética, ensaios sobre diferentes artistas, países e temáticas relacionados con esta corrente vangardista. Porén, o autor pensa que no futuro aínda se poderán escribir novos capítulos sobre a materia. González Gómez, ao contrario que moitos outros expertos, defende que o movemento continúa vivo. “Só pode desaparecer cando se realice a utopía surrealista”, argumentou en Radiofusiòn.