Chega a II Gala do comercio de Narón

Chega a II Gala do comercio de Narón

14 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Concellería de Promoción Económica de Narón, que dirixe a edil Angeles Díaz Pardo, está a organizar a II Gala do Comercio que se celebrará o día 15 de maio no Pazo da Cultura. A entrada ó espectáculo será gratuita para que tanto os naroneses como xente da comarca poidan coñecer as propostas do comercio de Narón.

O desfile será o centro das miradas. Consistirá nunha pasarela de modelos profesionais, que amosarán a colección de primaveira-verán de home e muller. Poderán participar na Gala tódolos comercios do municipio, nas seguintes categorías: moda muller e  home, moda nupcial e de ceremonia, moda infantil, lencería, moda baño, ropa deportiva, zapatería e marroquinería, complementos do vestir, complementos da visión, xoiería e reloxería.  Aqueles comercios interesados en amosar os seus artículos, que aínda non estean inscritos neste evento, poderán facelo ata o mércores dia 15 no Concello. Poderán participar na Gala do Comercio tódolos establecementos de Narón, independentemente de pertencer ou non á Asociación de Comerciantes.

Sociedade