Chega a Sober a Feira do Viño de Amandi

Chega a Sober a Feira do Viño de Amandi

02 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

Xa van 29 edicións. Este sábado e domingo Sober celebra a Feira do Viño de Amandi. Vinte adegas instalarán os seus stands de venda de viño na Praza do Concello. Unha carpa acollerá aos visitantes e habilitaráse un servizo de transporte gratuito desde Monforte. As Cantareiras de Ardebullo, Nucha e Mucha, pronunciarán o pregón.

Ademais do viño tamén estarán presentes na feira outros productos típicos do concello como a oleiría   de Gundivós entre outras pezas artesanais.

 

   Este ano tamén se contará cun servicio de transporte gratuíto dende Monforte e nas inmediacións da feira ubicaranse  varios urinarios públicos. O recinto feiral estará instalado, como ven sendo habitual, na praza do concello baixo unha carpa que acollerá ós visitantes e funcionará como medida preventiva ante posibles inclemencias climatolóxicas.

 

  O cartel anunciador da  XXIX edición da Feira do Viño de Amandi  contará este ano cunha obra elaborada por  Iván González Pérez, un rapaz de 13 anos e natural de Gundivós que actualmente  cursa 2º de ESO e dende hai anos síntese atraído pola pintura e o debuxo.

 

  Debido a súa corta idade inda non tivo ocasión de participar en exposicións pero acude case diariamente a clases de pintura.  A súa debilidade son as paisaxes e no cartel da feira fusiona esta temática da Ribeira Sacra co viño. A pintura destaca pola intensidade das súas cores e por unha peza de oleiría tradicional que centra o cartel realizada a carboncillo.

 

  Marcos Pereiro e José Touriñán, interpretando a Nucha e Mucha, mais coñecidas por Cantareiras de Ardebullo, serán os encargados do pregón nesta vixésimo novena edición da Feira, segundo anunciou o rexedor local. Os dous cómicos e actores de Culleredo manteñen unha importante audiencia tódolos venres no programa da TVG Luar e actualmente iniciaron xa unha xira que levará o seu espectáculo por toda Galicia.

 

Festival De Bandas.

 

  O sábado día catro terá lugar a partir das seis da tarde o   IV Festival de Bandas do Concello de Sober coa participación das Bandas de Ribadeo, Boiro e do municipio organizador.

 

  Durante o concerto, que se celebrará no recinto feiral,  interpretaranse distintas pezas contemporáneas e rematarán coa xota adicada o viño de Amandi do compositor ourensán Felisindo Pérez Seara.

 

Sociedade