Chega Xuviño polo San Xoán

Chega Xuviño polo San Xoán

04 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Neda e Narón poñen en marcha a V edición de XUVIÑO que organizan conxuntamente. Este ano celebraráse os días 20, 21, 22 e 23 de xuño coa concurrencia de bodegueiros de toda España ofrecen os máis preciados caldos. Nesta ocasión a gastronomía terá un papel máis destacado, da man do chef nedense, Aitor Martínez Casal e a súa firma Alterego. 

Así, o sábado 21 e o domingo 22, Alterego ofrecerá sendos talleres con ponencias, elaboración de menús degustación e propostas tan innovadoras como as hamburguesas de porco celta ou o té de ameixas. XUVIÑO 2014 celebrarase no mesmo lugar de sempre, no paseo marítimo que comparten dun e doutro lado da ría, os concellos organizadores. A degustación dos viños acompañarase de petiscos locais, como a empanada e pan de Neda,  mexilóns da ría, pasando polos pementos do Couto.

Xuviño tamén reserva un espazo importante para a diversión dos máis pequenos, xa que a organización habilitará unha zona de xogos guiada por monitores para os nenos e nenas de tres anos en adiante.  Así, a cita arrancará o venres 20 de xuño, a partires das 18 horas, e continuará sábado, domingo e luns en horario de mañá e tarde, comezando ás 11 .

Sociedade