Chegan á Coruña os estudantes que participarán na Olimpiada Española de Física

Chegan á Coruña os estudantes que participarán na Olimpiada Española de Física

03 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Universidade da Coruña organiza e acolle as probas da XXV Olimpíada Española de Física que comezará mañá coa chegada dos participantes á cidade. Uns 140 estudantes de Bacharelato e de Formación Profesional, acompañados por 50 delegados de distrito universitario, estarán na Universidade desde mañá ata o luns en que se clausura o programa.
Para mañá, venres, 4 de abril, está prevista unh

Pola tarde, ás 16:30 o alumnado terá a proba teórica. Para o domingo, está previsto no programa varias visitas a museos da cidade, así, visitarán o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, Muncyt, a Casa do Home, Domus, e a Casa dos Peixes, Acuario.O Paraninfo da Universidade da Coruña, na Maestranza, acollerá o luns, 7 de abril, ás 10:00 horas o acto de clausura coa entrega de distincións.

Desta Olimpíada Española sairán seleccionados os estudantes que competirán nas probas internacionais e iberoamericanas. Os cinco primeiros clasificados participarán na 45 Olimpíada Internacional de Física que terá lugar en xullo en Astaná, Kazajstán, e os que queden entre o sexto e o noveno posto competirán na XIX Olimpíada Iberoamericana de Física, que terá lugar en setembro en Asunción, Paraguay.

Un equipo de profesores designados pola Comisión de Olimpíadas da Real Sociedade Española de Física será o encargado de avaliar as probas. Entregaranse medallas de ouro, prata e bronce, así como mencións de honra, ademais doutros premios para os traballos teóricos e prácticos. Os profesores tamén terán o seu recoñecemento, para os docentes dos alumnos que obteñan medalla de ouro recibirán un diploma e unha subscrición anual á Revista Española de Física.

A XXV Olimpíada Española de Física está organizada pola Universidade da Coruña, coa colaboración do Concello da Coruña, a Deputación da Coruña e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Sociedade