Chicho e a Santa Compaña chegan a Redondela

Chicho e a Santa Compaña chegan a Redondela

07 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A compañia Fulano e Cía representa esta tarde no Multiusos da Xunqueira a obra Chicho e a Santa Compaña. Forma parte do ciclo Teatrarte 2009. O prezo das entradas ascende a 4 € para o público en xeral, 2€ para xubilados e estudantes con carné. A función comezará ás 20,30 horas.

¿Quén dende neno ou nena ao carón do lume , dunha noite de treboada , non escoitou historias fantásticas da Santa Compaña?. Ben … aquel , pero quitando o amargado. ¿Quen non as escoitou?. Que sí …que o xordo obviamente tampouco.¿ Pero ídesme deixar contar o choio ou ides estar molestando?…iso está mellor. Hai algo nas historias de terror que nos fai voltar a sentirnos asustados, voltar a sentirnos coma cando eramos nenos , protexidos do mundo pola soa presencia dos nosos dous pais…ou da nosa nai.

 

Ese é o inicio do argumento de Chicho e a Santa Compaña, unha obra de teatro para tremer de medo, para lembrar, para soñar, ...

Sociedade