Chorar nenas de Fene

Finalmente son 17 as comparsas participarán no Entroido de Fene o mércores de cinza
28 de Febreiro, 2019 - 12:03 h. | Publicada por Radio Fene

Das 17 agrupacións inscritas no Antroido de Fene, tres son da localidade. Hai unha nova incorporación este ano, a da OjE Ferrol.

Serán 17 as comparsas que participen finalmente no Entroido de Fene. Delas tres formáronse no concello fenés. Son a comparsa “Paso a paso” “As científicas de Centieiras” e Os Scratchados”. Duas agrupacións proceden dos xeriátricos de Ferrol e Narón. Unha infantil, Os Mecos, desfilá coas demais aínda que non opta a subvención. O resto das comparsas son as habituais da comarca, a non ser unha nova “OJE Ferrol”. En Fene desfilarán e actuarán o próximo mércores de Cinza, dia 6 de marzo, pero boa parte delas empezan os desfiles xa mañá en Neda.

Entroidos máis inmediatos desta fín de semana

Neda será o primeiro concello en recibir ás comparsas do Entroido que animarán as rúas xa mañá venres, entre as seis e as oito da tarde. Un total de once agrupacións participarán na festa do carnaval de Neda, actuando no pavillón polideportivo desde as oito da tarde.

Seguiralle Narón que cita aos seus cidadáns o sabado para seguir ás comparsas que iniciarán as actuacións no polideportivo da Solaina ás seis da tarde, nunha festa presentada polo grupo Ghazafelhos e a banda musical Los Mecánicos. En Narón tamén se entregan preios aos disfraces individuais, de parellas e grupos. Desde mañá ábrese en Narón o concurso de tapas do Entroido, ao que se apuntaron 20 establecementos.

Pontedeume arrinca mañá co seu Entroido particular que pechará o mércores de cinza coa queima do finado na Praza do Conde. Mañá venres os zancudos e pallasos visitan os centros escolares e pola tarde concerto infantil cos Mecánicos. O sabado celebran os concursos de disfraces infantís e de adultos.

O Concello de Valdoviño, xunto co movemento asociativo do municipio, organiza a VIII edición da Festa Infantil do Entroido. A cita terá lugar o sábado 2 de marzo no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás, baixo o título «Entroido Pirata». O único requisito para asistir é vir disfrazado.

A Feira do Grelo anuncia o carnaval nas Pontes. Sabado e domingo sucederanse centos de actividades que culminan coa degustación do cocido desde as 12,30 ás 15,30 do domingo. Xavier Díaz e adufeiras do salitre, así como A banda da loba actuan este ano na 39 Feira do grelo.

Cultura

Publica o teu comentario agora