A ciencia é divertida

A biblioteca municipal de Fene acolle o espectáculo o dia 20
15 de Outubro, 2018 - 02:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello abre a inscrición hoxe neste espectáculo de contos e experimentos científicos para nenos e nenas de 3 a 8 anos.

"A ciencia é divertida" na Biblioteca Municipal de Fene. O Concello abre a inscrición hoxe neste espectáculo de contos e experimentos científicos para nenos e nenas de 3 a 8 anos.de Fene abría hoxe, 15 de outubro, o prazo de inscrición na actividade "A ciencia é divertida", que terá lugar o sábado 20 ás 11,30 horas na Biblioteca Municipal de Fene. Está dirixida a nenos e nenas de 3a 8 anos e as prazas están limitadas a 25. Por iso, a inscrición debe formalizarse presencialmente na propia biblioteca ou por teléfono -981 34 23 02- de luns a venres, de 16 a 21 horas. Organizada pola Concellería de Cultura que dirixe Rocío Bértoa no marco do programa "Ler conta moito" da Xunta de Galicia, este espectáculo de contos e experimentos científicos abraiará, sen dúbida, ós nenos e nenas participantes. Ensinaralles que a ciencia está presente na nosa vida e os nenos/as aínda o están descubrindo. Unha invitación a experimentar.

Cultura

Publica o teu comentario agora