A científica ferrolá ante o 8M

A científica ferrolá ante o 8M
05 de Marzo, 2020 - 12:41 h. | Publicada por Radio Fene

Hoxe charla en Canido (Ferrol) e o sabado roteiro da UDC para lembrar á oceanógrafa ferrolá, Ángeles Alvariño.

ESCOITA O PODCAST:

A figura da oceanógrafa ferrolá, Ángeles Alvariño, protagoniza un acto ás oito desta tarde no Centro Cívico de Canido. Falará dela a súa sobriña, a pintora María Xosé Leira.Tamén o sabado dia 7 será unha das mulleres ferrolás lembradas no Roteiro "Ferrol 8M: unha cidade de mulleres" que organiza a Universidade da Coruña e que sairá da Casa do Patín no Campus ferrolán. O roteiro completouse rápido e xa hai unha lista de agarda de 30 persoas.

Uns apuntes biográficos.

Ángeles Alvariño naceu en Serantes, Ferrol en 1916 e faleceu en California, no 2005. É unha das mulleres científicas máis relevantes de Galicia. A súa carreira investigadora comezou en Vigo, pero a desenvolveu logo nos Estados Unidos, con estudos de fonda repercusión. Ao longo da súa carreira, Alvariño descubriu doce novas especies de quetognatos e nove de sifonóforos. Os uns e os outros, cos seus nomes raros, son minúsculos depredadores que forman parte do plancton. Tamén describiu unha nova especie de medusa. En total, Ángeles Alvariño atopou 22 novas especies para a ciencia. Tal foi a súa relevancia que desde 2012 un buque do Instituto Español de Oceanografía leva o seu nome. Ángeles Alvariño é unha das mulleres incluídas no libro Pioneiras de Anaír Rodríguez (Na imaxe) publicado en febreiro de 2018.

Sociedade

Publica o teu comentario agora